A gran Lilí Gruyère é unha ratiña que percorre os principais teatros do mundo cantando, bailando e facendo maxia.
Hoxe preséntanos un incrible espectáculo de hipnotismo en compaña do seu amigo o rato Fuco.
Contos: A filla do sol e da lúa e Onde está o meu zapato?
LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 12 de novembro. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o seguinte formulario
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981 758 580.
Esgotado
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.