Hoxe visítanos a ratiña Carolina. Vainos falar da súa mamá Rita que é a directora da banda de música de Lonxedetodo e da súa mamá Rosalinda, desactivadora de trampas para ratos. Carolina está empezando a pensar qué quere ser de maior.
Contos: Mi papá es un payaso e Families, families, families!
LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 22 de outubro. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o seguinte formulario a partir do mércores, día 15 de outubro.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981 758 580.
12 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.