Volven os Ratos de Lonxedetodo con novos contos para a rapazada de Carballo!
Nesta aventura, os ratos de Lonxedetodo formaron a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que provoca o cambio climático na fauna mundial. Comezan a recibir chamadas de animais que procuran axuda.
Os contos dos que partirán serán A casa da mosca chosca, El gallo que no sabía cantar e El último tigre.
LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 26 de novembro. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o seguinte formulario
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981 758 580.
15 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.