A web oficial do concello de Carballo

Os Ratos de Lonxedetodo de TrinkeTrinke presentan “Aventuras na cociña”

11/02/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O 11 de febreiro volven os Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa, desta volta co espectáculo Aventuras na cociña

DESCRICIÓN: Á parte de artista, Lilí Gruyére é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo, con axuda sorpresa, un menú moi san. Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saúdables.

CONTOS:

  • El jarrón del fondo del lago
  • Sopa verde

 

O espectáculo vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos, con acompañante. Para asistir é preciso cubrir o formulario inferior. Todas as solicitudes son admitidas mentres haxa prazas e se cumpran os requisitos establecidos. Para cancelar asistencia hai que chamar ao 981 758 580.

Non hai campos definidos para este produto.