O luns, 20 de xullo, ás 18:00 horas, a Praia dos Libros de Razo converterase no escenario dunha das citas infantís máis agardadas do verán. Os coñecidos irmáns Brais, Carlos, Sonia, Tato, Pili e Loli, xunto co seu can Chispa, farán parada en Carballo co seu novo espectáculo Os Bolechas: Karaoke deportivo.
A actividade, integrada no programa de dinamización lingüística FalaRedes, propón unha tarde chea de ritmo, xogos e moito movemento ao aire libre. A emblemática caravana dos Bolechas transformarase nun escenario móbil moi especial onde a música e o deporte irán da man co principal obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade dun xeito lúdico e natural.
A través de monicreques e actores en vivo, convidará a toda a cativada e ás súas familias a cantar, bailar e seguir o ritmo das súas pegadizas cancións.
O acceso ao espectáculo será totalmente de balde e libre para o público familiar. Unha oportunidade perfecta para gozar dun serán de verán inesquecible en familia ao pé da praia.
Detalles do evento:
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.