A recoñecida cantautora galega Silvia Penide, galardoada co Premio Martín Códax da Música, dá un novo paso na súa traxectoria creativa coa publicación de Onde está Otti?, un libro infantil editado por Hércules de Edicións dentro da colección Novas Lecturas. Nesta obra, Penide aborda temas como a perda, a amizade e a importancia da imaxinación para afrontar os momentos difíciles.
O libro está ilustrado por Estefanía Padullés, artista con ampla experiencia en literatura infantil e divulgación educativa. As súas ilustracións achegan gran expresividade á historia, reforzando a conexión emocional cos pequenos lectores.
No espectáculo asociado ao libro, Silvia interpretará dúas cancións que compuxo inspirada nas mensaxes que latexan nesta obra e outras cancións do seu repertorio, ademais de ir contando aos peques a historia do libro.
LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa.
PÚBLICO: infantil de 4 a 7 anos.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o 24 de outubro ás 18.00 h.
DURACIÓN: 35 minutos.
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o seguinte formulario a partir do 17 de outubro.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981 758 580.
78 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.