A web oficial do concello de Carballo

Ondas Culturais | Son de aquí – Concerto de Sofía Espiñeira

06/08/2026
20:00
Igrexa parroquial de Sísamo

Ondas Culturais | SON DE AQUÍ. Este verán as Ondas Culturais, inclúen visitas guiadas antes de catro das actuacións do programa en lugares senlleiros do municipio. Terán lugar no Miradoiro de Santa Irene, na Igrexa de Sísamo, na Igrexa de Sofán e no Barrio do Chorís. Neste caso, antes do concerto de Sofía Espiñeira haberá unha pequena presentación da historia local da parroquia de Sísamo, do seu patrimonio relixioso e da importancia dos espazos da contorna veciñal. Para participar é necesario realizar unha inscrición previa gratuíta no formulario de abaixo. Hai un máximo de 25 prazas.

Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplicinar, Sofía Espiñeira combina nas súas composicións o latexo das músicas do mundo coa canción de autora maís íntima e crúa. Ao vivo, Ailén Kendelman na percusión e Yudit Almeida no contrabaixo, completan este trío acústico que explora as sonoridades e as rítmicas da raíz galega e a latinoamericana. Neste caso a entrada é libre e de balde.

  • Xoves 6 de agosto
  • 20.00 h. visita guiada gratuíta con inscrición previa | 20.30 h. concerto con Sofía Espiñeira con entrada libre e de balde.
  • Adro da Igrexa de Sísamo
  • Organiza: Concellaría de Cultura | Colabora: Parroquia de Santiago Apóstolo de Sísamo

 

📷 Carolina Díguele

23 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.