A web oficial do concello de Carballo

Ondas Culturais | Son de aquí – Concerto de Do Rivés

21/08/2026
20:00
Barrio do Chorís

Ondas Culturais | SON DE AQUÍ. Este verán as Ondas Culturais, inclúen visitas guiadas antes de catro das actuacións do programa en lugares senlleiros do municipio. Terán lugar no Miradoiro de Santa Irene, na Igrexa de Sísamo, na Igrexa de Sofán e no Barrio do Chorís. Antes do concerto de Do Rivés está previsto realizar unha visita polo barrio do Chorís. Porase o foco na súa historia, nomeadamente no castro, nos edificios de augas, no campo de fútbol e na zona escolar. Para participar é necesario realizar unha inscrición previa gratuíta no formulario de abaixo. Hai un máximo de 25 prazas.

Do Rivés é unha formación que traballa arredor da música tradicional galega desde unha perspectiva contemporánea e respectuosa coa transmisión oral. O grupo destaca pola súa forza colectiva, pola presenza da percusión de man e por unha proposta estética e sonora que busca conectar a tradición co presente desde a emoción, o corpo e o baile. No seu primeiro álbum Contrabando, o grupo traballa sobre diferentes formas e sonoridades ligadas á tradición da Costa da Morte, incorporando tamén variantes dialectais e formas de cantar propias da comarca.

  • Venres 21 de agosto
  • 20.00 h. visita guiada gratuíta con inscrición previa | 20.30 h. concerto con Do Rivés con entrada libre e de balde.
  • Barrio do Chorís
  • Organiza: Concellaría de Cultura

23 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.