A web oficial do concello de Carballo

Ondas Culturais | Rockarballo

28/08/2026
22:00
Barrio da Milagrosa

Ondas Culturais | Para rematar a programación do verán, volve con máis forza Rockarballo, da man de tres grupos do panorama musical de Bergantiños que revolucionarán a noite carballesa no barrio da Milagrosa: Pablo Carballo, Mal Juicio e The Cerne. Pablo Carballo presentará un proxecto de música en galego creado polo artista carballés que vai desde a bachata ao mambo, pasando polo tradi galego. O grupo Mal Juicio poñerá a súa enerxía no escenario a través de temas propios de rock xuvenil do seu último traballo, que leva o propio nome da banda. Por último, despois de moitos anos tocando versións, The Cerne sumérxese na creación de temas propios con un marcado estilo de rock blues galego e nostalxia intimista.

  • Venres 28 de agosto
  • 22.00 h.
  • Barrio da Milagrosa
  • Entrada de balde
  • Organiza: Concellaría de Cultura | Colabora: Asociación Musical Costa da Morte

Non hai campos definidos para este produto.