A web oficial do concello de Carballo

Ondas Culturais | Concerto de Familia Caamagno e a Orquestra do Quince

07/08/2026
22:30
Exterior do Pazo da Cultura

Ondas Culturais | A banda de Sigüeiro, Familia Caamagno, festexa 15 anos enriba dos escenarios con temas do seu novo álbum, Disco Comarcal, e estarán acompañados pola Orquestra do Quince, unha formación con catro instrumentistas de vento e un teclista. O baile, as luces de neón e os mellores pasos prohibidos estarán garantidos grazas ao rock e power pop no que se suceden as melodías luminosas e as guitarras afiadas, con letras retranqueiras e incisivas que poñerán o foco no papel social que xogaron as discotecas dos anos 80 e 90.

  • Venres 7 de agosto
  • 22.30 h.
  • Exterior do Pazo da Cultura
  • Entrada de balde
  • Organiza: Concellaría de Cultura | Colabora: Deputación da Coruña

 

📷 David Silva

Non hai campos definidos para este produto.