A programación de SolxCiencia no mes de agosto comezará o luns 3 no mercado municipal cunha actividade especialmente dirixida ao público infantil e familiar. Ás 19.00 e ás 19.45 horas celebraranse dous obradoiros de construción de caixas estenopeicas para que os nenos e nenas aprendan a observar a eclipse de xeito seguro.
Importante: Os participantes deberán levar unha caixa de cartón para construír o seu propio dispositivo.
Esta actividade está deseñada para nenos e nenas a partir de 6 anos. Poderán participar os/as de menor idade coa colaboración dunha persoa adulta. Haberá 15 prazas por quenda e será preciso inscribirse previamente no formulario inferior.
As persoas que teñan praza e finalmente non poidan asistir deberán comunicalo enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.