O Pazo da Cultura de Carballo acolle a celebración do obradoiro Un baile ceibe en comunidade. A Concellaría de Cultura organiza esta actividade con Fran Sieira Compañía de danza. Trátase dun taller de creación e investigación que combina formación e participación escénica. O obxectivo desta cita é a reinterpretación da danza tradicional desde unha perspectiva crítica e contemporánea, poñendo o foco na liberdade expresiva e na ruptura cos patróns normativos. A participación nesta actividade inclúe:
A actividade conta cun total de 16 prazas dispoñibles, das que 12 xa se cubriron grazas á participacion dos grupos de baile tradicional das asociacións do muncipio, polo que quedan catro (4) prazas dispoñibles para outros bailadores e bailadoras que queiran participar. O prazo para anotarse está aberto até o venres 29 de agosto ás 14.00 h.
Esgotado
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.