A web oficial do concello de Carballo

Obradoiro “Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros”

09/06/2026
10:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas
Pantallas abertas: Ciberseguridade sen filtros é unha iniciativa impulsada pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) a través da Rede CeMIT. Combina o visionado dun documental con sesións formativas prácticas para ofrecer ferramentas de seguridade TIC e xestionar os retos do mundo dixital.
A actividade está pensada para todas as idades (de 7 a 90 anos) e é totalmente gratuíta, aínda que require inscrición previa xa que as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden cubrir o formulario inferior ou achegarse ás oficinas municipais do Fórum Carballo (2º andar do edificio administrativo).

10 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.