Dentro da programación da Semana do Medio Ambiente están programados tres obradoiros científicos que serán impartidos por persoal investigador do GRICA-BIOpast da UDC, o Grupo de Investigación en Cambio Climático e Paleobioloxía.
Luns, 1 de xuño: Reconstrucións Climáticas, unha sesión para comprender os métodos de estudo do clima do pasado.
Mércores, 3 de xuño: Paleontoloxía 3D, centrada na dixitalización 3D de mostras paleontolóxicas.
Venres, 5 de xuño: Que nos contan os fósiles?, onde as persoas participantes poderán elaborar moldes e réplicas de fósiles.
Toma nota:
As actividades forma parte do Proxecto Talento quilómetro cero (TALK0).
No caso de non poder asistir debe comunicarse por Whatsapp ao 604 072 887.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.