A web oficial do concello de Carballo

Obradoiro de modelaxe de personaxes de literatura infantil con plastina

20/12/2025
10:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa
Este obradoiro de plastilina ten como obxectivo principal e directo que as crianzas pasen un rato divertido na biblioteca co seu adulto de referencia e vexan a biblioteca como un punto máis de lecer, realizando un boneco de plastilina baseado en contos, películas, festividades especiais…
  • LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa.
  • PÚBLICO: infantil, de 5 a 8 anos (acompañados por unha persoa adulta)
  • PRAZAS: 12 nenas/os acompañados por un adulto (pero conta só a praza de menores)
  • DATA: 20 de decembro
  • DURACIÓN: 90 min
  • HORA: 10.30 a 12.00 h
  • INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior
IMPORTANTE: Pregamos puntualidade: chegar 10 minutos antes para acomodarse na actividade e poder desfrutar dela. Permítese máximo unha persoa adulta por grupo de nenas/os para favorecer que o público sexa maioritariamente infantil. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981 758 580.

6 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.