A web oficial do concello de Carballo

Obradoiro de ilustración para maiores de 11 anos con Mon Lendoiro e Cristina Castro

Do 15/11/2025 ata o 14/02/2026
10:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

As tarefas que adoitan facer os perfís ilustradores son moi variadas e dependen do tipo de proxectos no que participen ou do sector das empresas para as que traballen. A persoa ilustradora ten como obxectivo satisfacer a propia necesidade dunha empresa, persoa ou autoría propia, e deberá usar unha serie de recursos creativos propios dos profesionais para o desenvolvemento do mesmo. O artista necesita apoiarse nunha serie de preguntas de comunicación gráfica que se deben facer ao cliente para atopar solucións aos posibles problemas de deseño que se formulan ou que aparecen durante o proceso creativo.

Neste obradoiro traballarase a través de diferentes proxectos ilustrativos, nos que o alumnado terá que resolver cas ferramentas que lle sexan entregadas polo docente e a necesidade ou satisfacción gráfica que o cliente procura.

A aprendizaxe dos propios elementos de comunicación gráfica na ilustración é a necesidade dos cales unha persoa ou equipo debe ser capaz de producir aplicando novas ideas orixinais a través de atopar solucións a os problemas que os deseños formulan.

Temáticas das sesións:

  • O lápis (grafito e sanguina) e os lápis de cores
  • Os rotuladores
  • A acuarela
  • O acrílico
  • O collage
  • A caricatura e o humor gráfico

 

Trátase dun curso de continuidade, con data de inicio o sábado 8 de novembro de 2025 e remate o 14 de febreiro.

  • Imparten Mon Lendoiro e Cristina Castro
  • Público: nenos/as a partir de 11 anos e adultos/as
  • Datas de celebración: sábados 8, 15, 22 e 29 de novembro, 13 e 20 decembro; 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, e 7 e 14 de febreiro.
  • Duración das sesións: 3 horas, de 10.00 a 13.00

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.