Este obradoiro de foliada infantil está pensado para achegar a cativada á música e ao baile tradicional galego dun xeito lúdico e participativo. Ao longo da sesión traballaranse ritmos sinxelos, cantigas populares e pasos básicos de baile e fomentarase a escoita, a coordinación e o traballo en grupo. O obxectivo é que as crianzas coñezan a foliada, collan confianza e gocen da experiencia de participar nun encontro festivo da nosa tradición.
Dirixido a familias con nenos/as de 3 a 6 anos.
Inscrición no formulario inferior.
6 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.