A escritura creativa, ademais de ser terapéutica, é a mellor forma de liberar a nosa imaxinación creando historias. E iso é o que che propoñemos na Biblioteca Agra de Campos co obradoiro de escritura creativa Inventando mundos, que impartirá a escritora Marta Seoane Pazos ao longo de tres meses.
O taller vai dirixido a persoas maiores de 16 anos, e celebrarase os sábados 7, 21 e 28 de febreiro, 7, 14 e 28 de marzo, e 11, 18 e 25 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, na propia biblioteca. Desde o concepto de escritura creativa ata a estrutura dunha historia, as persoas participantes abordarán con Marta Seoane todos os pasos do proceso creativo.
Escribir é máis que un xeito de comunicarnos; é a mellor forma de expresar os nosos pensamentos, sentimentos e vivencias. Se queres ser parte desa experiencia, inscríbete xa cubrindo o formulario que atoparás máis abaixo. As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas empadroadas en Carballo.
Dispoñible para reserva
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.