A web oficial do concello de Carballo

Obradoiro de acollemento lingüístico para persoas de fóra de Galicia

04/09/2025
17:30
Escolas do Xardín Agra de Caldas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico, que se impartirán nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 9 de setembro e ata finais de novembro. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible máis abaixo.

O obradoiro de acollemento lingüístico vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas.

 

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.