A web oficial do concello de Carballo

O Ratos de Lonxedetodo despídense por este curso con “Traballiños de verán”

27/05/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, despídense por este curso da biblioteca Rego da Balsa co espectáculo Traballiños de verán.

DESCRICIÓN: Achégase o verán e os nosos ratos teñen planeado traballar de camareiros para gañar uns cartiños. Hoxe van practicar un pouco na biblioteca. A ver que tal lles sae…  

Contos: O frautista de Hamelín, Juan el Perezoso (Lazy Jack).

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 27 de maio. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores 20 de maio.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.

Agardámosvos!

Non hai campos definidos para este produto.