O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, é unha boa data para lembrar a importancia das historias, dos contos, das aventuras e misterios plasmados no papel, das relacións máis aloucadas e inesperadas que atopamos no inmenso maxín que recollen os libros.
O venres, 24 de outubro, queremos transmitirvos un pouquiño desa maxia, fantasía, creatividade e ilusión que poderedes encontrar nos nosos estantes. Para iso, creamos unha actividade destinada a familias con crianzas de 3-8 anos, na que narraremos os seguintes contos:
Despois, as nenas e nenos asistentes poderán crear e/ou ilustrar o seu propio conto, deixando voar a súa imaxinación.
HORA: 17:00
LUGAR: Biblioteca Rego da Balsa
PÚBLICO: 15 familias con crianzas de 3-8 anos
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente cubrindo o formulario inferior.
IMPORTANTE: Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao 981.758.580.
Agardámosvos!
Esgotado
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.