A web oficial do concello de Carballo

O mellor da música country, no Curruncho Pop

O Curruncho Pop deste mes inclúe a presentación do libro Los forajidos de la música country, de Javier Márquez Sánchez. Coñecidos no seu momento coma os Outlaws da música country, denominación coa que chegaron a gravar un par de discos, os máis carismáticos foron Kriss Kristofferson, Waylon Jenings e Willie Nelson. Destes tres, e dalgún máis, soarán cancións neste Curruncho Pop, no que contaremos cos HTH (Honky Tonk Heroes), unha banda especialmente creada para a ocasión por Hendrik Röever, Óscar Avendaño, Ramón Saleta, Joki e a Rubén Suárez, cantante e compositor nos THE FAMILY FOLKS.

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.

Non hai campos definidos para este produto.