O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presenta a programación completa da súa 34ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura e contará coa participación de representantes da Asociación Telón e Aparte, o Concello de Carballo e as entidades patrocinadoras e colaboradoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Fundación Luis Calvo Sanz…). Asi mesmo, terá representación en lingua de signos, a cargo da profesional Gema Santos.
O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, como novidade neste 2025, o espectáculo Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. A peza está protagonizada por Aida Tarrío (Tanxugueriras), Martín Mondragón (Mondra), Cristina Caonosa e Fran Sieira. Na aposta do festival polo apoio e a visibilización do talento local a través da apertura a proxectos participativos, acompañarán á compañía no escenario unha vintena de bailadoras de grupos de entidades culturais de Carballo, membros de grupos de grupos de Baile tradicional da Asociacións Nemeth e do Alprende, que asistiron a un obradoiro previo impartido polo coreógrafo.
Un baile ceibe é unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 25 minutos de duración, con dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez. Executada por catro intérpretes, conta con música de MounQup (Camille Hedouin), a partir de cancións de Carlos Quintá, e coa colaboración de Úrsula Rial. O vestiario é de Vestuario de Érica Oubiña, cunha colaboración especial de Eferro. Un baile ceibe traballa sobre o xénero e as súas maneiras de operar en diferentes ámbitos da cotianidade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.