A web oficial do concello de Carballo

“O coro do rato Fuco”, con TrinkeTrinke Teatro

25/02/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo O coro do rato Fuco.

DESCRICIÓN: O rato Fuco está entusiasmado co traballo que ten por diante: formar un coro, dirixilo e gañar o concurso de música coral que organiza o Concello. Para isto
contará coa axuda da súa amiga Lilí Gruyère.

Contos: Herman y Rosie; Inés del revés; O gato lambón.

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 25 de febreiro. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores, día 18 de febreiro.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.

Agardámosvos!

Non hai campos definidos para este produto.