O centro de saúde de Carballo, a través do seu servizo de dietista-nutricionista, pon en marcha o programa formativo Coida da túa saúde, unha iniciativa dirixida á veciñanza co obxectivo de promover hábitos de vida saudables a través da alimentación.
O ciclo desenvolverase ao longo do mes de abril con tres sesións temáticas nas que se abordarán aspectos clave da nutrición no día a día:
As sesións terán lugar os venres en horario de 12:20 a 13:30 horas, e o punto de encontro será a entrada do centro de saúde de Carballo (posto da ONCE).
A participación require inscrición previa no mostrador do propio centro de saúde.
Esta actividade está organizada polo Servizo Galego de Saúde, dentro da Área Sanitaria da Coruña e Cee, e conta coa colaboración do Concello de Carballo.
O obxectivo deste programa é achegar coñecementos prácticos á cidadanía que permitan mellorar a súa saúde e benestar a través dunha alimentación equilibrada e adaptada ás súas necesidades.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.