A web oficial do concello de Carballo

O autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” volve á Praza do Concello

Despois da excelente acollida que tivo a iniciativa do 14 de febreiro, na que participaron 390 persoas, e das numerosas solicitudes recibidas para que se repita, o autobús coa imaxe de Carballo levámolo dentro volverá a estar na Praza do Concello o venres 9 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, grazas á colaboración de Autos Costa.

O autobús converterase de novo nun escaparate do orgullo que queremos transmitir polo noso concello, e servirá como posadoiro ou photocall para que todas as persoas que o desexen poidan fotografarse diante del. Unha vez conseguido o reto das 390 persoas, seguiremos completando o catálogo de persoas que levan Carballo dentro para publicar fotografías máis alá dun ano. Para facilitar a participación, contaremos cun fotógrafo a pé de autobús, e todas as persoas que participen na iniciativa serán agasalladas cun pin e unha bolsa conmemorativos, ata fin de existencias.

Otros eventos que no te puedes perder

No field defined for this product.