A web oficial do concello de Carballo

Noites de cine | “Rondallas”

03/09/2026
21:30
Praza da Milagrosa

Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.

En Rondallas, dous anos despois do naufraxio dun pesqueiro que marcou un pequeno pobo mariñeiro galego, os seus habitantes deciden recuperar a ilusión creando de novo a rondalla local. A música converterase no motor para deixar atrás o loito e volver mirar ao futuro.

  • Praza da Milagrosa
  • Recomendada para maiores de 12 anos
  • Duración aproximada: 112 minutos
  • Comedia e drama
  • Acceso libre ata completar a capacidade
  • Colabora a ACD Milagrosa

Non hai campos definidos para este produto.