Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
En Romería, Marina viaxa a Vigo para coñecer a familia do seu pai biolóxico e reconstruír a historia dos seus proxenitores, falecidos cando ela era pequena. Entre silencios, lembranzas e un antigo diario, iniciará unha viaxe emocional que a axudará a comprender o pasado e a reconciliarse coa memoria da súa familia.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.