A web oficial do concello de Carballo

Noites de cine | “¿Quién es quién?”

29/07/2026
22:30
Campo da Capela de Cances

Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.

En ¿Quién es Quién? a familia Fuentes vive atrapada na rutina e cada vez máis afastada. Pero todo cambia cando, tras o desexo de aniversario da pequena Valentina, todos espertan co corpo intercambiado. Mentres intentan recuperar as súas vidas, deberán aprender a poñerse no lugar dos demais e redescubrir o verdadeiro valor da familia.

  • Campo da Capela de Cances
  • Recomendada para maiores de 7 anos
  • Duración aproximada: 95 minutos
  • Comedia
  • Acceso libre ata completar a capacidade
  • Colabora a AC San Campio de Cances

Non hai campos definidos para este produto.