A web oficial do concello de Carballo

Noites de cine | “Padre no hay más que uno 4. Campanas de boda”

13/08/2025
22:00
Baldaio, Pedra do Sal

Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.

Que efecto tería nos pais se, o mesmo día que a súa filla maior cumpre 18 anos, o seu mozo lle pedise matrimonio e ela aceptase inmediatamente? Nova entrega da serie creada e protagonizada por Santiago Segura, cun reparto no que tamén están Toni Acosta ou Loles León.

  • Todos os públicos
  • Duración aproximada: 99 minutos
  • Comedia familiar
  • Acceso libre ata completar a capacidade
  • Colabora AC Castro de Lema

Non hai campos definidos para este produto.