Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
Alonso (varredor de rúas; Roberto Álamo) e Marisa (lectora de tarot; Malena Alterio), Torres e Fátima (propietarios dunha charcutería; Jordi Sánchez e María Botto), e Calatrava (cirurxián estético; Julián López) e Vicky (influencer; Kira Miró) reservaron unha casa illada nas Illas Canarias para pasar uns días de vacacións coas súas respectivas familias. O que non saben é que, por un erro da axencia, alugaron a mesma casa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.