Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
En Los Futbolísimos 2: El misterio del tesoro pirata unha estafa inmobiliaria deixa ao Soto Alto FC sen campo de xogo e ao seu pobo ao bordo da ruína. Para seguir na liga, Os Futbolísimos deberán vencer a un complicado rival mentres se ven envoltos nun inesperado roubo a un banco. Só mantendo a unión e facendo gala do seu enxeño poderán superar este novo desafío.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.