Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
Gru, Lucy e as nenas (Margo, Edith e Agnes) dan a benvida a un novo membro na familia: Gru Junior, que parece empeñado en converterse nun pesadelo para o seu pai. Gru terá que enfrontarse ao seu novo inimigo, Maxime Le Mal, e á súa sofisticada e malvada moza, Valentina, o que obrigará á familia a fuxir.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.