Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
O mércores 9 de xullo arrinca o programa na Praia de Razo coa proxección de + Cuñados, unha comedia con actores galegos como Xosé Touriñán, Miguel de Lira ou Iolanda Muíños. Esta continuación da exitosa Cuñados comeza co achado dun cadáver xusto no medio da Ponte Internacional de Tui. Este evento prodúcese despois do sucedido hai uns días… Achégase o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo ourensán.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.