Novembro con Música | NCN conta coa colaboración das agrupacións musicais e culturais de Carballo, que sempre forman parte desta programación. Neste caso, o Pazo da Cultura acolle a celebración do XL aniversario do Coro Aires de Bergantiños. Fundado en 1985 por Carlos Díaz O’Xestal, o seu obxectivo é recoller, ampliar e difundir o folclore tradicional da comarca de Bergantiños. Este ano convidan ao Coro Cántigas de Terra de A Coruña para festexar unha efemérides tan especial como a do seu 40 aniversario.
A partir das 20.30 horas | Acceso libre ata completar a capacidade
Organiza: Coro Aires de Bergantiños coa colaboración da Concellaría de Cultura
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.