Novembro con Música | O Pazo da Cultura de Carballo acolle a representación teatral Sophie non é o meu nome de guerra, unha proposta de teatro contemporáneo de Redrum Teatro, inspirada en feitos reais. A obra conta a historia de Sophie, unha muller migrante que emprende unha viaxe desde Yaoundé, en Camerún, ata A Coruña. A través da súa experiencia, aborda cuestións como o exilio, as políticas migratorias europeas e a trata de mulleres con fins de explotación sexual, pero tamén as relacións afectivas, a maternidade e a loita por ser libre.
O espectáculo combina teatro textual, recursos audiovisuais e elementos poéticos. Está escrito por Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021 da Deputación da Coruña, e dirixido por Laura Míguez. O elenco está formado por Camille Hedouin e Alixa Ladson. A función, organizada pola área de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, conta coa colaboración do Concello de Carballo.
Martes 17 de novembro a partir das 10.30 horas no Pazo da Cultura | Función limitada a alumnado dos IES de Carballo e comarca.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.