A web oficial do concello de Carballo

NCM: Magosto en Lema

07/11/2026
17:00
Local Social de Lema

Novembro con Música | Lema celebra o seu tradicional magosto cunha tarde de festa e cultura popular no Local Social da parroquia. O magosto comeza ás 17.00 horas con xogos tradicionais e enredos infantís e a partir das 18.00 horas, o actor e humorista Avelino González presentará Contos que foron chistes, unha proposta para gozar da narración oral e botar uns risos. Xa ás 19.00 horas haberá castañas, bolo preñado, viño e auga, sobremesa e café. Para obter información, interesadas/os chamar aos teléfonos 627 074 712 e 981 752 299.

Organiza: AC Ría de Lema | Colabora: Concello de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.