A web oficial do concello de Carballo

NCM: Festival de Santa Cecilia

22/11/2025
20:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | NCN conta coa colaboración das agrupacións musicais e culturais de Carballo, que sempre forman parte desta programación. Un ano máis a Coral Polifónica de Bergantiños organiza o Festival de Santa Cecilia. Esta coral carballesa foi fundada en 1969 e conta desde hai máis de 30 anos coa dirección musical de Gloria de los Ángeles Pardines. A agrupación convida a cantar con eles neste festival á Coral Polifónica Follas Novas de A Coruña, á Coral Polifónica de Meis e á Coral Polifónica Costa da Morte de Cee.

A partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Organiza: Coral de Bergantiños coa colaboración da Concellaría de Cultura

Non hai campos definidos para este produto.