A web oficial do concello de Carballo

NCM: Concerto Sumrrá – 25 aniversario

21/11/2025
21:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | O NMC somérxese desta volta no jazz de Sumrrá. A agrupación está formada polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería Lar Legido. Recoñecidos coma o trío galego mais internacional e galardoados co Premio Jazz España 2022, Sumrrá celebra en 2025 o seu 25º Aniversario, consolidándose coma o máis lonxevo da escena española. Un cuarto de século actuando como embaixadores do jazz galego máis contemporáneo ao seu paso por festivais de recoñecido prestixio internacional. Centos de concertos, sete discos publicados e 25 anos de carreira que fan de Sumrrá un grupo de culto, avalado pola crítica internacional e considerado case coma lendario entre os amantes do jazz contemporáneo

A partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Colabora: Deputación da Coruña

Non hai campos definidos para este produto.