A web oficial do concello de Carballo

NCM: Concerto IALMA – Homenaxe

20/11/2025
20:30
Pazo da Cultura

Novembro con Música | O NMC ofrece unha cita coa música folk da man de IALMA. Aínda que residen en Bruxelas, Verónica, Natalia, Marisol e Eva, as compoñentes do grupo, manteñen unha conexión permanente coa súa terra natal, Galicia. Durante 25 anos, a cultura musical e as tradicións galegas foron as súas  inesgotables fontes de inspiración, que lles permitiron construír, pouco a pouco, un repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á vida de mulleres modernas, en contacto con múltiples culturas, linguas e estéticas musicais.  O seu 25° aniversario – que coincide co 50° aniversario do fin da ditadura franquista, que obrigou á súa familia a fuxir de Galicia para refuxiarse en Bélxica – é unha ocasión para que IALMA ofreza unha HOMENAXE a todas as mulleres e homes que, en calquera lugar do planeta, tiveron que desarraigar a súa vida para escapar da ditadura.

A partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura| Acceso libre ata completar a capacidade

Colabora: Deputación da Coruña

Non hai campos definidos para este produto.