A web oficial do concello de Carballo

NCM: Concerto de Xoan Montes

14/11/2025
21:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | O Pazo da Cultura acolle o concerto Xoán Montes ao pianoEste evento forma parte dun ciclo de concertos homenaxe que xorde coa idea de divulgar a creación musical deste compositor galego do Rexurdimento, nomeadamente na súa faciana como pianista. A súa produción para este instrumento é a parte máis descoñecida do seu catálogo e representa unha parte esencial do patrimonio cultural galego no eido musical. Os intérpretes son Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto, os tres con sólidas traxectorias artísticas e consolidados como referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos XIX, XX e XXI. A cita está organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa colaboración da Concellaría de Cultura de Carballo.

A partir das 21.00 horas | Acceso libre ata completar a capacidade

Organiza:  Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude | Colabora: Concellaría de Cultura

Non hai campos definidos para este produto.