A web oficial do concello de Carballo

NCM: 53º Concerto de Santa Cecilia

28/11/2026
20:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | Un ano máis a Coral Polifónica de Bergantiños organiza o Festival de Santa Cecilia. Esta coral carballesa foi fundada en 1969 e conta desde hai máis de 30 anos coa dirección musical de Gloria de los Ángeles Pardines. Nesta edición, a formación estará acompañada por dúas agrupacións convidadas: a Coral Alecrín de Brión de Ferrol e a Coral Casa do Mar da Coruña. Un encontro para celebrar a música e compartir o traballo de distintas corais.

A partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Organiza: Coral de Bergantiños | Colabora: Concellaría de Cultura e Centro Social San Xoán Bautista

Non hai campos definidos para este produto.