A web oficial do concello de Carballo

NCM: 41º aniversario do Coro Aires de Bergantiños

07/11/2026
20:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | NCN conta coa colaboración das agrupacións musicais e culturais de Carballo, que sempre forman parte desta programación. Neste caso, o Pazo da Cultura acolle a celebración do 41º aniversario do Coro Aires de Bergantiños. Fundado en 1985 por Carlos Díaz O’Xestal, o seu obxectivo é recoller, ampliar e difundir o folclore tradicional da comarca de Bergantiños. Este ano convidan a cantar con eles á Rondalla de Cedeira e ao Coro Aimil de Xinzo de Limia.

A partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Organiza: Coro Aires de Bergantiños | Colaboran: Deputación da Coruña e Concello de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.