Nadal Pequespectacular | Acrobacias, baile, cancións e moito humor chegan a Carballo con Equipo estupendo. Innumerables perigos ameazan o planeta e o Capitán Spriki necesitará a axuda do seu equipo de incribles superheroes e a enerxía do público para acadar os seus obxectivos: eliminar todas as malas vibracións que xeran estes perigos. Un terremoto, unha bomba, o cambio climático, a contaminación e os seus propios traumas infantís serán algúns dos problemas aos que terán que enfrontarse das maneiras máis divertidas.
Despois de percorrer o país co seu primeiro espectáculo, o capitán Spriki lanza en Equipo estupendo un formato que reúne a catro personaxes no escenario, o que resulta nun ritmo frenético, un humor divertidísimo e un excelente virtuosismo técnico.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.