Nadal Pequespectacular | Nanuq é unha historia de amizade sen prexuízos onde dous corpos e dúas máscaras crean, a través da poesía visual e das acrobacias, un mundo onírico onde todo pende do límite. Circo, danza e obxectos combínanse para ofrecer unha peza atemporal e universal, especialmente para o público máis novo.
A compañía catalá Cia Vöel naceu en 2017 e dende entón vén desenvolvendo a súa propia linguaxe poética e altamente visual, que non require palabras para contar historias abraiantes. As súas propostas fomentan a imaxinación e múltiples interpretacións para o espectador.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.