Verán Cultural | De Ronda é o novo traballo do cantareiro e bailador Mondra, un dos artistas máis destacados do panorama musical actual en Galicia. Un novo son, orgánico e fresco, para once cancións persoais e íntimas, á vez que irreverentes e desenfadadas, pero sempre sen perder as raíces da tradición oral galega. A sexualidade, o amor propio, a comunidade, a celebración e o valor da mocidade seducirán ao público grazas á música ao vivo, á danza e a unha sofisticada posta en escena.
Acceso libre ata completar a capacidade | Colabora: Deputación da Coruña
📷 Sofía Taboada
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.