A web oficial do concello de Carballo

“Mere-cidamente”, con David Merelas, trasládase á Biblioteca Rego da Balsa

28/08/2026
18:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Por mor das previsións meteorolóxicas, a actuación de David Merelas na Praia dos Libros de Razo trasládase á Biblioteca Rego da Balsa.

O 28 de agosto, ás 18.00 horas, gozaremos a cuberto do espectáculo Mere-cidamente.

Descrición: Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a peor cando o seu axudante non aparece. Erros, trunfos frustrados, unha vasoira vivente, un “monstro“ con chapuzón na auga incluído… e ao final resulta que o espectáculo non era nesa vila! Clown, malabares, equilibrios, lume e moita participación e interacción co público para lograr que o devandito personaxe saia victorioso.

Público: recomendado para maiores de 5 anos

Duración: 50 minutos

Acceso: libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio

Organiza: Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística

Non hai campos definidos para este produto.