A web oficial do concello de Carballo

Medrando con Apego: Trémola Teatro presenta “Nube de algodón”

04/02/2026
Horario Adaptado
Escolas do Xardín Agra de Caldas

O programa Medrando con Apego continúa no mes de febreiro con novas propostas para os nenos e as nenas menores de seis anos. Neste caso, Trémola Teatro presenta Nube de algodón, un espectáculo para peques de seis meses a catro anos de idade.

A protagonista é unha pequena nube que cambia de cor dependendo de como se sente: azul cando está triste, amarela cando está feliz, vermella cando está enfadada… Pero un día Nube esperta gris e non sabe por que. Precisa da axuda das familias para acompañala e descubrir as emocións!

Inscricións no formulario inferior.

Non hai campos definidos para este produto.