A web oficial do concello de Carballo

Medrando con Apego: “Hotel Paraíso” abre as súas portas para axudar ás crianzas a descubrir as emocións

21/10/2026
Horario Adaptado
Escolas do Xardín Agra de Caldas

No Hotel Paraíso cada cuarto agocha unha emoción. Alegría, medo, ira, noxo… Todas están esperando que alguén abra a porta para ser descubertas, escoitadas e contadas.

Esta é a proposta que Alba Bermúdez, de Galeatro, traerá o mércores 21 de outubro ás Escolas do Xardín Agra de Caldas dentro da programación de Apego.

Alba conta a historia do seu avó, que traballou de botóns nun hotel moi especial e tiña un don: era capaz de facer felices as persoas que pasaban por alí. Ela admírao e quere ser coma el, e por iso observa con atención todo o que sucede nos corredores e nos cuartos do hotel.

A través desa historia, Hotel Paraíso achega as crianzas ao mundo das emocións, axudándoas a identificalas e expresalas mediante o teatro.

O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos e contará con dúas funcións, ás 17.00 e ás 18.00 horas, cun máximo de 25 familias por sesión.

A participación é gratuíta previa inscrición no formulario inferior.

Non hai campos definidos para este produto.