Contos pequenos, rimas, arrolos e xogos de palabras que pasan dunha xeración á seguinte serán os protagonistas de Tantarantiña, a actividade que o programa Apego ofrece o mércores 21 de outubro.
Cris de Caldas recuperará historias herdadas e outras que se converteron nos contos favoritos de distintas xeracións. Historias desas que se transmiten coa voz, co ritmo, coa complicidade e, ás veces, cunha boa gargallada polo medio.
A proposta está especialmente pensada para os primeiros oídos curiosos e para que as familias poidan achegar ás crianzas á riqueza da tradición oral galega desde os primeiros anos de vida.
Haberá dúas sesións, ás 17.00 e ás 18.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, destinadas a familias con nenos e nenas de ata 4 anos. Cada sesión terá capacidade para 25 familias.
A participación é gratuíta previa inscrición no formulario inferior.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.